· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
Seguindo co traballo en Granxa Familiar, os nosos xeógrafos Claudia e David colleron o coche para ir a Coristanco, concretamente ó lugar de Serra, na parroquia de Valenza.
Alí os agardaba Loli, que xunto co seu marido Andrés e a axuda dun empregado, manteñen tres invernadoiros cheos de cultivos diferentes, ademais dunha leira a parte, na que poñen as famosas patacas de Coristanco.
Andrés e Loli explicáronnos como é a vida cotiá nunha pequena explotación, que lles ocupa gran parte do día, xa que ademais están inseridos nunha cooperativa agrícola local. Aínda que tamén venden por internet, os seus fluxos de mercado céntranse en acudir a mercados da zona e repartir eles mesmos coa furgoneta.
Tamén teñen que superar dificultades atmosféricas puntuais, pois nos ensinaron as fotos cos invernadoiros feitos escombros debido ó enorme temporal vivido fai uns anos, que obligou a facer todo de novo.
E agora, volven ter unha produción que destaca pola súa diversificación e calidade, xa que Loli está a piques de recibir o certificado ecolóxico oficial do CRAEGA.
Aproveitando a visita, fixemos unhas fotos do lugar e dos seus produtos, que xa os podes mercar dende a nosa web ou máis directamente na nosa tenda online, que se inaugurou grazas á colaboración de Loli, sendo a primeira dos nosos asociados en ter operativa a tenda online.
Dende Granxa Familiar, agradecemos moito a disposición de Loli para seguir mellorando na nosa colaboración e lle desexamos toda a fortuna posible coa sua explotación.
Leituga | Tomate | |
Xudías | Fariñas de millo e trigo | |
Outros productos de horta | Pementos de Padrón, celta e morrón | |
Limón | Os nosos animais | |
Kiwi | Ovos |