Outros productos de horta
Tamén nos dedicamos ó cultivo de pequenas cantidades de patacas, repolos, porros,cebolas e outros produtos de horta. A nosa pataca, variedade kennebec, caracterízase por ser moi branca, firme e consistente. Pódese mercar a partir de xullo. A cebola, variedade do país, é de tamaño medio e algo doce. Recomendamos o seu en empanadas e todo tipo de guisos. Estará á venda en agosto. O repolo, de tamaño medio, caracterízase por ser moi tenro e doce. Pódese mercar de setembro a decembro. Tamén temos limóns e kiwis.
Estes son os nosos prezos:
Pataca: 80 céntimos de Euro o quilo (dispoñible de
xuño a febreiro).
Porros: 0,90 céntimos de Euro o feixe/manoxo
Cebola: 1 Euro o quilo (dispoñible de
xullo a febreiro.
Cebola en ristra: 1 Euro a ristra
Repolo: 1 Euro o quilo (dispoñible de
setembro a decembro).
Grelo: 1,50 € o manoxo (dispoñible de
setembro a febreiro).
Acelgas:1 Euro o manoxo
Coliflor:1,50 Euros o quilo
Espinacas:1,25 Euros o manoxo
Nabizas:1,50 Euros o manoxo
Pepinos:1,50 Euros o quilo.
Berenxena:1,85 Euros o quilo
¿Como mercar os nosos productos?
a. Marcando o número
639630693 (Dolores)
b. Enviando un correo electrónico a
casacruceiro@granxafamiliar.com
c.
Visitando a granxa
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades