Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O CEIP López Ferreiro visita Agro do Cruceiro (continuación...)
A seguinte actividade do día foi aprender a prantar leitugas coa nosa anfitriona nun dos seus invernadoiros, no que os/as meniños/as aproveitaron para recoller un tomate para cada un/unha.
A por tomates
O grupo divertíuse moito co xogo de "Amigos ou inimigos da horta", ó tempo que puido coñecer animais que ata ese momento nunca viran.
Ver: O López Ferreiro visita Agro do Cruceiro IV
Trala comida, os pequenos entretivéronse pintando hortalizas en grupos.
Pintando
Finalmente, cada un/unha dos/das participantes foi obsequiado cunha bolsa de produtos de Agro do Cruceiro.
Queremos agradecer dende o grupo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela a colaboración de Lola, a granxeira de Agro do Cruceiro, así como a participación do colexio López Ferreiro no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais.
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal.
Máis información no Telef. 647 344 270