· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
¿Tes imaxes antigas sobre tradicións, ou arquivos de sons, vídeo ou algunha documentación que poda ser de interese para os Museos?
Documentación
Calquera formato editable (arquivos de Word, PDF editable, PowerPoint...)
Imaxes
En formatos JPG, GIF, BMP ó TIFF optimizados por debaixo de 3 Mb.
Sons
Formatos MP3 o WAV. Optimizados por debaixo de 5 Mb.
Vídeos
Calquera formato comprimido por debaixo de 8 Mb.
Museo do Mel
Coas raiolas de sol dos primeiros días de primavera xurden nos montes galegos, coma saídas da nada, as primeiras abellas.
Pasaron xa os fríos invernais e estes insectos, polinizadores de ata un tercio dos alimentos vexetais esenciales para o ser humano, lánzanse ao exterior na busca das flores que lles proporcionarán o néctar a partir do cal elaborarán un dos productos naturais máis demandados: o mel.
Abella
En termos aproximados, unha colmea fabrica arredor de tres veces máis mel do que necesita para a súa supervivencia (lembremos que as abellas dedícanse á fabricación de mel durante as estacións máis calorosas co fin de subsistir no outono e no inverno), polo que deixa un marxe de excedentes moi apetecible para o seu aproveitamento para o consumo humano.
Co verán dando os últimos coletazos, xa ben metidos en setembro, visitamos a Fernando, produtor de mel de Casa Pájaro, en Figueira (Lalín), para que nos amosara en que consiste o proceso de extracción do doce producto; un proceso no que a hixiene prevalece por enriba de todo.
Cadro
O primeiro paso é o de extraer os cadros das colmeas. Nestes cadros é onde se encontran os panais, divididos en celdas que almacenan o mel.
Cando este mel está maduro, as abellas tapan as celdas con opérculos de cera que compre retirar para facilitala saída do produto na centrifugadora. Para isto utilízase un coitelo desoperculador.
Desoperculando
Fernando cóntanos que a cera que vai quedando trala desoperculación mestúrase con abundante mel, polo que debe deixarse a decantar para aproveitalo. Unha vez decantado este mel, a cera que queda é utilizada para a elaboración de candeas ou reutilizada para facilitar o traballo das abellas a vindeira tempada.
Cera
Os cadros desoperculados introdúcense nunha centrifugadora que se encarga de extraelo mel do seu interior. Despois o producto extraído pasa a un depósito onde se deixa repousar uns días co fin de eliminar posibles impurezas (restos de cera), que saen á superficie.
Finalmente o mel está listo para ser envasado e consumido.
Fernando. Casa Pájaro
ENLACES DE INTERESE