Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O CEIP Pío XII visita Agro do Cruceiro
O pasado día 18 de novembro do 2010 o colexio Pío XII de Santiago participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”“, para o que previamente fora seleccionado.
Os nenos e nenas de oito anos de idade foron acompañados por dous técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Agro do Cruceiro.
A granxa Agro do Cruceiro localízase na parroquia de Valenza, en Coristanco. Trátase dunha granxa dedicada á produción de produtos de horta.
Tralo recibimento e a presentación, a granxeira Lola guiou ós nenos e ás nenas divididos/as en pequenos grupos, ata o cabazo, onde recolleron millo.
Despois os/as pequenos/as aprenderon a debullar e viron como se moía o gran nun muíño, para logo alimentar, tamén en pequenos grupos, ós polos e ás galiñas.
Galo
Unha vez remataron con esta tarefa coñeceron, da man de Lola, un curioso habitante da granxa que adoita vivir sobre as follas da ruda.
Oruga
A seguinte actividade do día foi aprender a prantar leitugas coa nosa anfitriona nun dos seus invernadoiros, no que os/as meniños/as aproveitaron para recoller un tomate para cada un/unha.
O grupo divertíuse moito co xogo de "Amigos ou inimigos da horta", ó tempo que puido coñecer animais que ata ese momento nunca viran.
Trala comida, os pequenos entretivéronse pintando hortalizas en grupos e escoitaron atentamente un conto que Lola e Andrés crearon para as súas fillas.
Ver: Viraventos
Finalmente, cada un/unha dos/das participantes foi obsequiado cunha bolsa de produtos de Agro do Cruceiro.
Queremos agradecer dende o grupo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela a colaboración de Lola, a granxeira de Agro do Cruceiro, así como a participación do colexio López Ferreiro no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais.
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal.
Máis información no Telef. 647 344 270