Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Otros Proyectos

Infobrión.com é un portal interactivo multimedia que impulsa a creación dunha comuidade virtual nun pequeno municipio rural localizado na periferia da cidade de Santiago de Compostela.

Infobrion

 

O grupo de investigación GIS-T IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela crea e dirixe este e outros proxectos similares dun marcado cariz social galego.

GisT Idega

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

 

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

 

Toda a información
dos nosos eventos
Visitar

 

Servicios de Comunicación

Dende aquí podes contactar con nós, consultar a túa conta e inscribirte ó noso Boletín de Novas.

Entrar

 

museos

 

Granxa FamiliarPresentación
 
Granxa Familiar é un proxecto desenvolvido polo GIS-T IDEGA a partir da identificación dunha rede de granxas familiares nos concellos de Galicia. Se organiza a partir de tres eixos:

a. Equipo técnico de xestión de información.

b. Equipo técnico de loxística.

c. Equipo técnico de coordinación.

No proxecto traballan de forma complementaria e coordinada profesionais de diferentes áreas científicas: xeógrafos, economistas, traballadores sociais, sociólogos, arquitectos-urbanistas, psicopedagogos, etc. O seu obxectivo principal é contribuír ó desenvolvemento sostible de Galicia e a súa proxección internacional nos eidos social, económico e territorial na Sociedade da Información.

O proxecto Granxafamiliar.com implica o desenvolvemento dun sistema de información e comunicación, a creación de oficinas nos concellos, a producción e xestión de contidos multimedia para website, un plan de marketing, o traballo de dirección e coordinación do sistema e a localización dos productores locais. As responsabilidades e tarefas son as seguintes:

a. Desenvolvemento informático. Implica o deseño, arquitectura e posta en funcionamento dun sistema de información e comunicación a través dun website público e outro privado, que permita a exposición de vídeo, son e imaxe dixital das granxas familiares productoras e dos productos que ofertan para a venda.

b. Plan de Marketing e difusión. Supón o deseño dun plan de comunicación e difusión entre productores e potenciais compradores e usuarios do sistema de información creado. Impulsa un sistema de envío de noticias dende o propio website de Granxafamiliar.com.

c. Oficinas de Granxafamiliar.com. Trátase de crear e dinamizar unha rede de oficinas dende as que se ofreza os servizos de Granxafamiliar.com. Estas oficinas disporán dun teléfono de contacto a disposición de productores e de compradores, ademais de encargarse da dinamización do sistema de información web e de recibir e xestionar as ofertas e demandas. Serán punto de referencia e de contacto coas granxas familiares. Terán por obxectivo fundamental procurar a comunicación e o coñecemento mutuo entre as familias urbanas e as familias titulares das granxas familiares.

d. Dirección e coordinación. As tarefas de dirección e coordinación do traballo das oficinas de Granxa Familiar serán asumidas polo GIS-T IDEGA.



Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas