Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Otros Proyectos

Infobrión.com é un portal interactivo multimedia que impulsa a creación dunha comuidade virtual nun pequeno municipio rural localizado na periferia da cidade de Santiago de Compostela.

Infobrion

 

O grupo de investigación GIS-T IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela crea e dirixe este e outros proxectos similares dun marcado cariz social galego.

GisT Idega

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

 

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

 

Toda a información
dos nosos eventos
Visitar

 

Servicios de Comunicación

Dende aquí podes contactar con nós, consultar a túa conta e inscribirte ó noso Boletín de Novas.

Entrar

 

museos

 

Granxa FamiliarPresentación
A finalidade do proxecto é impulsar o desenvolvemento social, económico e cultural no medio rural galego. Pretendemos impulsar a recuperación da memoria histórica e a revalorización da cultura rural local no contexto da Sociedade da Información e para isto proxectamos a arquitectura desta páxina que desenvolve a creación dunha comunidade virtual baseada no impulso das transaccións comerciais e no feito de poder chegar a mercar e vender a producción tradicional de autoconsumo familiar existente no medio rural; pretendemos a súa promoción a través de Internet de maneira global, promovendo o uso e difusión das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) como ferramentas e canais de comercialización de ditos productos agrarios, de coñecemento mutuo entre comunidade rurais e urbanas, e de información e aprendizaxe. Trátase de establecer unha ponte de comunicación entre productores e compradores co fin de evitar as elevadas comisións das empresas intermediarias, dirixindo as rendas en beneficio de ambos.

Tamén pretendemos dende o punto de vista universitario profundizar no estudio teórico e empírico dos efectos sociais e territoriais vinculados ó desenvolvemento da Sociedade da Información e Comunicación en comunidades rurais. Pretendemos facilitar as decisións públicas e a eficacia da administración á hora de inverter en servizos e actividades propias da Sociedade da Información no medio rural, definindo as necesidades dos cidadáns residentes en rexións-espazos periféricos coa finalidade de desenvolver a súa competitividade e atender ás novas demandas sociais xeradas.

Os obxectivos específicos pódense sintetizar nos seguintes:

1. Incrementar as rendas familiares no medio rural galego.

2. Introducir no mercado a producción tradicional de autoconsumo familiar.

3. Difundir o uso das Novas Tecnoloxías a nivel local para facer fronte á marxinación dixital coñecida como Fenda Dixital.

4. Impulsar a recuperación da memoria histórica no medio rural e difundila cara o medio urbano.

5. Revalorización da cultura rural a partir do uso das Novas Tecnoloxías.

6. Impulsar as relacións, a comunicación, e o contacto directo entre familias urbanas e rurais galegas.

7. Impulsar o desenvolvemento das capacidades de innovación e emprendimento no medio rural galego.



Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas