| · A carne do país | · A nosa horta | · A Queixería |
| · Marmeladas | · Froitas do País | · Outros produtos |
| · Pan artesán | · Os viños | · Licores |
| · Presentación | · A Feira de Carballo |
| · A Feira de Padrón | · O Mercado de Santiago |
| · O Museo do Leite | · O Museo do Queixo |
¿Tes imaxes sobre viaxes, ou arquivos de sons, vídeo ou algunha documentación que poda ser de interese para os Viaxes?
![]()
Documentación
Calquera formato editable (arquivos de Word, PDF editable, PowerPoint...)
Imaxes
En formatos JPG, GIF, BMP ó TIFF optimizados por debaixo de 3 Mb.
Sons
Formatos MP3 o WAV. Optimizados por debaixo de 5 Mb.
Vídeos
Calquera formato comprimido por debaixo de 8 Mb.

Non hai
Non hai
Non hai
Escolares: Granxeir@s por un día!
Os nosos rapaces e as nosas rapazas están de noraboa. Granxa Familiar ofrécelles a posibilidade de saboreala auténtica Galicia rural co seu programa semanal de visitas "Granxeir@s por un día!".
Os nenos e as nenas participantes poderán levar a cabo as tarefas máis tradicionais da agricultura e gandeiría familiares galegas ó longo dunha xornada completa na que debullarán millo, recollerán tomates e leitugas, daranlle de comer ás pitas, e, en definitiva, un amplo abano de actividades que conforman un inmellorable complemento para a súa educación.
Granxa Familiar ofrece a través do programa de saídas "Granxeir@s por un día!" a posibilidade de que escolares de toda Galicia poidan desfrutar de visitas lúdicas aínda que de carácter eminentemente didáctico ás seguintes instalacións agrícolas da xeografía galega:
Casa Agro do Cruceiro (Coristanco)
A frecuencia de cada unha das saídas será semanal e os/as participantes, 30 por quenda como máximo, desfrutarán da granxa elixida de 11:00h a 17:00h.
Paquete Simple: 1 monitor/a + 1 granxeiro/a (200€)
Paquete Estándar: 1 monitor/a + 1 granxeiro/a + Bus (500€)
Paquete Completo: 1 monitor/a + 1 granxeiro/a + Bus + Reportaxe Dixital (700€)