Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada

¿Tes imaxes antigas sobre tradicións, ou arquivos de sons, vídeo ou algunha documentación que poda ser de interese para os Museos?

Háznoslos llegar

Incorporar una granxa

 

Documentación
Calquera formato editable (arquivos de Word, PDF editable, PowerPoint...)

Imaxes
En formatos JPG, GIF, BMP ó TIFF optimizados por debaixo de 3 Mb.

Sons
Formatos MP3 o WAV. Optimizados por debaixo de 5 Mb.

Vídeos
Calquera formato comprimido por debaixo de 8 Mb.

 

Se tes algunha dúbida ponte en contacto con nós.

Museos

MuseosMuseos
Arquivos AsociadosImaxen
Imaxes
Antes de iniciar o proceso de descarga por un sistema automático de tubeiras, os encargados do laboratorio analizan unha mostra por explotación.
Ampliar
 
Imaxes
As necesidades do mercado impoñen o volume de saída dos productos.
Ampliar
 
Imaxes
Director Xeral da Cooperativa FEIRACO, D. José Luis Antuña Álvarez.
Anterior Ampliar Siguiente
Sons

O envasado dos productos

Control e tratamento do leite

O mercado de FEIRACO

Os controis do laboratorio

Videos A recollida do leite e as probas de calidade

A recollida do leite e as probas de calidade


O proceso de termización

O proceso de termización


A cadea de producción e o sistema de envasado

A cadea de producción e o sistema de envasado


O mercado de FEIRACO

O mercado de FEIRACO


O futuro do sector leiteiro

O futuro do sector leiteiro


O futuro do sector leiteiro [II Parte]

O futuro do sector leiteiro [II Parte]


Museo do Leite

A Sociedade Cooperativa FEIRACO nace en outubro de 1968 na Comarca do Val da Barcala, integrada polos concellos de Negreira e A Baña, coa finalidade de incrementar as rendas das familias productoras de leite e mellorar a economía local. Case corenta anos despois, o éxito do proxecto tradúcese nun modelo de empresa cooperativa baseado na confianza e estendido pola meirande parte dos concellos das provincias da Coruña e Pontevedra.


Planta procesadora de FEIRACO en Pontemaceira, no Concello de Ames

A participación da Fundación FEIRACO no proxecto Granxa Familiar, representa outra iniciativa da cooperativa en prol do beneficio das pequenas e medianas explotacións agrarias que a través do portal www.granxafamiliar.com teñen a posibilidade de comercializar os seus excedentes agrarios en Internet.

O proxecto Granxa Familiar tamén ten como obxectivo converterse nunha referencia cultural do medio rural galego, a través da creación dunha serie de museos didácticos que recollen en pequenos textos e material multimedia dixital as tradicións, o presente e o futuro do agro galego. Neste apartado, a Fundación FEIRACO decidiu colaborar co proxecto Granxa Familiar na construcción do Museo do Leite.

O Museo do Leite recolle en imaxes, sons e vídeos o proceso de producción do leite e derivados, dende a recollida inicial do leite nas explotacións gandeiras ate o proceso final de embalaxe e empaquetado dos productos para a súa posterior comercialización. O pasado e o futuro do sector lácteo tamén teñen cabida no Museo do Leite, a través dunha reportaxe que amosa a vida cotiá nunha explotación gandeira tradicional e dunha entrevista co Director Xeral de FEIRACO na que nos fala de innovación e desenvolvemento na producción e distribución do leite.


Director Xeral da Cooperativa FEIRACO, D. José Luis Antuña Álvarez

O PRESENTE

A recollida do leite
Os camións cisterna comezan o servicio de recollida do leite ás cinco e media da mañá, a través de rutas preestablecidas que percorren todas as explotacións gandeiras productoras de leite. As entregas dos productores oscilan entre os 300 e os 10.000 litros de leite diarios. Como medida de seguridade, a compartimentación das cisternas evita a mestura do leite entre distintas produccións; ademais, a calidade do leite garántese a través de catro controis mensuais por explotación. A fábrica recibe sobre 350.000 litros de leite diarios.


Os camións cisterna comezan o servicio de recollida do leite ás cinco e media da mañá, a través de rutas preestablecidas

Ver vídeo A recollida do leite e as probas de calidade.

As probas de calidade
O leite chega á planta procesadora en cisternas de aceiro inoxidable. Antes de iniciar o proceso de descarga por un sistema automático de tubeiras, os encargados do laboratorio analizan unha mostra por explotación, comprobando os niveis de acidez, temperatura e estabilidade do leite.

Ver vídeo >A recollida do leite e as probas de calidade.

O proceso de termización
Unha vez depositado o leite nos tanques ou silos e en función das necesidades de producción, o leite entra nun proceso de termización, ou elevación da temperatura, que sirve para establecer unha primeira clasificación do leite en enteiro, semidesnatado e natas. Neste mesmo proceso, as altas temperaturas aplicadas polo sistema UHT homoxeneizan e esterilizan o leite. Unha vez depositado o leite nos tanques ou silos, o leite entra nun proceso de termización, ou elevación da temperatura.

Ver vídeo O proceso de termización.

A cadea de producción
As necesidades do mercado impoñen o volume de saída dos productos. A Cooperativa FEIRACO está preparada para producir leite enteiro, semidesnatado, desnatado e laban, iogures, batidos, natas, manteigas e queixos. A producción anual supera os 100 millóns de litros. O leite máis demandado é o semidesnatado; o leite laban tamén ten unha boa aceptación nos mercados.

Ver vídeo A cadea de producción e o sistema de envasado.

O sistema de envasado
O leite sométese a un derradeiro proceso de termización a 75 ºC antes de ser envasado. Dende a chegada do leite á fabrica ata o envasado transcorren sobre tres horas. Por razóns de mercado, o leite almacénase en caixas de seis litros, empregando como material de embalaxe cartóns tetrabrik e tapóns de rosca. Tralo visto bo dos encargados do laboratorio, o leite está preparado para ser almacenado e distribuído no mercado.

Ver vídeo A cadea de producción e o sistema de envasado.

A loxística
O maior mercado de FEIRACO atópase en Galicia, aínda que as vendas no resto de España son tamén importantes, especialmente na Comunidade de Madrid. Os principais clientes fan os seus pedidos a través dun sistema informatizado. O transporte xestiónase con camións propios ou contratados por axencia. FEIRACO ten unha flota propia de 55 camións, cunha capacidade de transporte de 23.000 litros por unidade.


Detalle dun dos camións propios da Cooperativa FEIRACO

Ver vídeo O mercado de FEIRACO.

O FUTURO

O pasado día 27 de febreiro de 2008, os técnicos de Granxa Familiar entrevistaron ó Director Xeral da Cooperativa FEIRACO, D. José Luis Antuña Álvarez, ó que se lle realizaron unha serie de preguntas relacionadas co futuro do sector leiteiro.

¿Podería falarnos das políticas de I+D que está a desenvolver FEIRACO? Dende o noso punto de vista, o fundamental é orientar a producción dos nosos socios cara ós consumidores. O consumidor actual busca no mercado productos funcionais, reparando na saúde e no benestar. Deste xeito, FEIRACO busca diferenciarse do mercado. Dende a cooperativa, os nosos técnicos asesoran ós gandeiros sobre aspectos como: análise da terra, deseño de abonos, definición de sembras, elaboración de silos, etc. Por outra banda, os nosos nutriólogos elaboran os productos concentrados que mellor se axustan ós complementos alimentarios dos animais, repercutindo nunha mellor calidade do producto final, como é o caso da incorporación do liño na dieta das vacas para rebaixar a presencia dos ácidos graxos aumentando o nivel de omega tres. É dicir, FEIRACO modifica a alimentación das vacas co gallo de obter unha mellor calidade do leite. Outro proxecto de I+D está ligado ó selenio, para mellorar o déficit deste compoñente nas nosas terras.

¿Como perciben os gandeiros este tipo de innovacións? Se algo destacaríamos dos nosos granxeiros, é a súa capacidade para adaptarse ós cambios tecnolóxicos, así como para competir no mercado. FEIRACO diferénciase da competencia por manter unha vinculación moi estreita cos socios cooperativistas productores de leite, creando un ambiente moi receptivo e de confianza. Os gandeiros perciben como unha ameaza as políticas europeas relacionadas coas cotas, prezos e garantías das rendas.

¿Onde está o mercado de FEIRACO? O maior mercado de FEIRACO atópase en Galicia, aínda que as vendas no resto de España son tamén considerables.

Podes escoitar a entrevista completa abrindo os seguintes vídeos:

Ver vídeo O futuro do sector leiteiro.

ENLACES MOI INTERESANTES

A continuación listámosvos unha serie de páxinas de interese para a O Museo do Leite.

Cork Butter Museum

O Cork Butter Museum localízase na cidade irlandesa de Cork, concretamente no barrio histórico de Shandon. O museo describe o mercado e a elaboración artesanal da manteiga no século XIX. Os visitantes teñen a oportunidade de coñecer a vida comercial, social e, en definitiva, a vida cotiá dos habitantes de Cork dous séculos atrás.

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas