· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
¿Tes imaxes antigas sobre tradicións, ou arquivos de sons, vídeo ou algunha documentación que poda ser de interese para os Museos?
Documentación
Calquera formato editable (arquivos de Word, PDF editable, PowerPoint...)
Imaxes
En formatos JPG, GIF, BMP ó TIFF optimizados por debaixo de 3 Mb.
Sons
Formatos MP3 o WAV. Optimizados por debaixo de 5 Mb.
Vídeos
Calquera formato comprimido por debaixo de 8 Mb.
Feira de Padrón
Padrón é unha pequena vila emprazada na Comarca do Sar, moi preto da capital galega. O municipio de Padrón ten moita sona a nivel nacional: aquí tiveron o seu fogar os escritores Rosalía de Castro e Camilo José Cela. Moi preto, na aldea de Iria Flavia, atopáronse os restos do Apóstolo Santiago O Maior. E, por suposto, non podemos esquecernos dos famosos pementos de Herbón.
Retrato da poetisa Rosalía de Castro
A semente dos pementos de Padrón foi traída por monxes franciscanos dende México no século XVI. As condicións do terreo, o clima e as técnicas de cultivo da localidade fan dos pementos de Padrón un producto moi saboroso.
Os pementos pódense mercar a partir do mes de xuño
Estes pementos e outros productos de horta ofrécense tódolos domingos na Feira de Padrón, e Granxa Familiar tivo a ben visitala para mostrarvos todo o que alí se ofrece: pementos, leitugas, tomates, cebolas, patacas, repolos, nabizas, grelos, queixo do país, pan de brona, etc..
Productos de horta
En fin, a Feira de Padrón representa unha boa oportunidade para mercar productos naturais nun ambiente rural.
Se queres saber cómo chegar, pica en Mapas e Planos
ENLACES DE INTERESE
A Feira de Padrón en Turismo Galicia