· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
¿Tes imaxes antigas sobre tradicións, ou arquivos de sons, vídeo ou algunha documentación que poda ser de interese para os Museos?
Documentación
Calquera formato editable (arquivos de Word, PDF editable, PowerPoint...)
Imaxes
En formatos JPG, GIF, BMP ó TIFF optimizados por debaixo de 3 Mb.
Sons
Formatos MP3 o WAV. Optimizados por debaixo de 5 Mb.
Vídeos
Calquera formato comprimido por debaixo de 8 Mb.
Non hai
Non hai
Feira de Carballo
Carballo é a capital da Comarca de Bergantiños. Ao norte de Galicia, entre a Fisterra Atlántica e o Golfo Ártabro, goza dunha situación privilexiada, entre as cidades da Coruña e Santiago de Compostela. As características do clima oceánico, conceden a Carballo uns invernos suaves e uns veráns cálidos, temperaturas agradables para visitar a vila e coñecer as paisaxes da comarca.
Se queres saber cómo chegar, pica en Mapas e Planos
Na vila de Carballo celébrase tódolos xoves e domingos (segundos, cuartos e quintos de mes) unha feira na que se recollen as tradicións e os productos rurais da Comarca de Bergantiños.
Herdeira das antigas feiras de Rus e Berdillo, o mercado de Carballo ofrécenos pan, cebolas, allos, repolos, nabizas, patacas de Coristanco, capóns, ovos e mel entre outros productos, frescos e listos para ser consumidos con todo o seu sabor. Granxa Familiar ofrecévos unha galería de imaxes na que podedes ollar todos estes productos e moitos máis, sen dúbida un bo reclamo para visitar a feira.
Ademais, o Concello de Carballo e os hosteleiros locais promoven ao longo do ano, coincidindo coa feira, varias degustacións gratuítas nas que os visitantes poden probar, nos bares e restaurantes da vila, pratos elaborados con grelos ou mexilóns de Carballo. Outro bo pretexto para achegarse á feira de Carballo.
Para máis información, tamén podes visitar a páxina oficial do Concello de Carballo