· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
O pasado xoves 2 de maio tivo lugar, na sede do IDEGA, a primeira xornada presencial do Curso de Innovación e Marketing Rural organizado por Granxafamiliar-ADAF. Nela, os alumnos puideron coñecer, da man dos seus protagonistas, tres experiencias empresariais de éxito: Conxelados José Bermúez S.L., Pazo de Vilane e Deroceras.
Na primeira ponencia José Bermúdez falounos da súa empresa especializada na comercialización de bacallau e outros produtos conxelados e de Moraima, a cooperativa vitivinícola que fundou en 2006.
A continuación, Nuria do Pazo de Vilane, compartiu connosco as claves do seu exitoso proxecto de produción e comercialización de ovos campeiros de galiñas en liberdade.
Por último, María Córdoba falounos de Deroceras, empresa xurdida a partir dun grupo de investigación da Universidade de Santiago que ten como obxectivo facer un uso racional dos productos fitosanitarios.
Xa podes ver os vídeos das súas intervencións na canle de Granxafamiliar en Youtube.
Ademais, se queres obter máis información sobre estas empresas, animámoste a visitar as súas webs:
http://pazodevilane.com/wordpress/