Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Nosas Granxas

Casa Millo e Landras

Información de la Granxa
Arquivos AsociadosImaxen
ImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxes
  Siguiente
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Noelia e David achéganse ata Casa Millo e Landras

Os bolseiros David e Noelia volveron saír de visita cara unha das nosas granxas. O seu destino, Casa Millo e Landras, en Painzás, parroquia de Mezonzo, no concello coruñés de Vilasantar.


Alí os agardaban Víctor e Marta, unha parella de empresarios que decidiron mudar a rutina e o estrés pola tranquilidade da vida rural, encargándose dunha produción familiar que destaca pola súa variedade, tanto en vexetais coma animais.


Víctor, natural de A Coruña, xunto con Marta, que é de Madrid, viven agora nun espazo rural, acompañados neste momento dun voluntario australiano que vive temporalmente na granxa a cambio da axuda que nela aporta. A eles encántalle convivir con persoas que desfruten axundándolles, así como recibir visitas na súa casa e mostrar á xente como é o seu traballo diario.


En Casa Millo e Landras apostan pola calidade nos seus produtos, totalmente ecolóxicos, pois os seus xerentes non usan ningún material químico á hora de cultivar ou criar un animal, que medran en liberdade. Non aceleran os procesos para vender máis, senón que buscan a calidade de vida, a sanidade na alimentación e a defensa do medio ambiente.


Contan cun invernadoiro no que producen hortalizas coma berenxenas, leitugas, xudías, tomates, cenorias, etc. Tamén plantan na súa leira, fóra do invernadoiro. Ademais, crían ovellas, porcos celta, polos ou cabras, ás que muxen alí mesmo. Isto entre viñedos de uvas e kiwis mentras te acompañan os cans e gatos. Unha das protagonistas da casa, a súa burra, sempre está encantada de que a acariñen.


Sen dúbida, Casa Millo e Landras é un modelo a seguir, escollendo unha forma de vida máis sinxela, máis respectuosa co medio que os rodea e cos alimentos que producen. Un grande exemplo do que é Granxa Familiar!

 
Os nosos produtos
Horta de tempada   Polos
Porco celta   Ovos
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas