Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Nosas Granxas

Adega Diego de Lemos

Información de la Granxa
Arquivos AsociadosImaxen
ImaxesImaxesImaxes
  Siguiente
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Esther, da Adega Diego de Lemos, protagonista nun programa da televisión

O pasado mércores día 8 de febreiro deste 2017, a canle de televisión estatal Cuatro emitía unha nova edición do programa Volando voy, presentado polo famoso aventureiro Jesús Calleja.


Desta vez, foron parar á Ribeira Sacra para poñer en valor a incrible paisaxe modelada polos ríos Sil, Miño e Cabe, en cuxas vertentes se cultiva de forma espectacular un viño único, de Denominación de Orixe Ribeira Sacra.


Aínda que foron varios os viticultores participantes no programa, a maior atención foi para Esther Teijeiro, da Adega Diego de Lemos, inserida en Granxa Familiar, que ós seus 80 anos sigue traballando a diario nestes escarpados terreos.


Esther volveu a esta terra para poñela en valor, superando as adversidades e sen facer caso dos malos augurios que lle vaticinaban os demais. E así, conseguíu ter a primeira bodega coa D.O. Ribeira Sacra en 1985, que a partires do ano 2000 converteuse na primeira adega ecolóxica de Galicia.


Coa presenza neste programa, axudóuselle mediante a instalación dun camiño de madeira para que poida moverse mellor por estas pendentes, que ó presentador Jesús Calleja non lle deixaban de asombrar, sobre todo en canto a que Esther anda e traballa nelas a cotío, definindo ós viticultores desta zona como heroicos.


O único desexo de Esther é que esta tradición vinícola non se perda, pois é preciso que a xente xoven recupere o traballo no rural e que este non quede abandonado.


Podedes ver a emisión completa do programa aquí.


Aquí, tedes máis información na web de Cuatro.


Por último, non esquezades visitar a web de Diego de Lemos e mercarlle algún dos seus magníficos viños ecolóxicos.

 
Os nosos produtos
Viño ecolóxico   Licores
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas