· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
Comeza a andar o proxecto chamado Cafeterías Verdes, a iniciativa levada a cabo entre GranxaFamiliar e Greenpeace para introducir menús ecolóxicos nos restaurantes da cidade de Santiago, comenzando polos comedores universitarios da USC.
Xa que noutra antiga experiencia, o comedor da Facultade de Matemáticas supuxo un dos mellores colaboradores, foi o primeiro no que se pensou desta volta para o novo proxecto, tendo en conta a positiva experiencia que se dera.
Así pois, a nosa encargada de falar cos restauradores e voluntaria de Greenpeace, Lara Cortizas, achegouse ata dito comedor e conseguíu renovar o seu apoio coa causa, destacando o interese do seu encargado, Andrés, por conseguir poñer en marcha esta iniciativa, da que sairán beneficiados os produtores do rural galego, os comedores e todo aquel que se achegue a probalos futuros menús, respectuosos co medioambiente e a saúde pública.
Fonte das imaxes:
Foto comedor: Alexis Rey - La Voz de Galicia
Foto entrada Facultade: Twitter @MatematicasUSC
Foto Lara: propia.
![]() |
![]() |
|
![]() |