· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
Tras lograr ser unha das elixidas como bolseira de prácticas profesionais en PYME do banco Santander, Noelia incorpórase este mes a Granxa Familiar, onde realizará tarefas de produción e xestión de información dixitalizada co obxectivo de realizar un traballo de investigación orientado ao desenvolvemento rural, empregando ferramentas como o marketing territorial. Ademais estará en contacto cas granxas para familiarizarse cos seus modos de produción, así como da oferta que teñen.
Noelia Bergantiños é alumna do Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial da USC e estase epecializando en xeomarketing e xeolocalización, combinado cos Sistemas de Información Xeográfica.
Se queres información sobre esta experiencia, podes contactar con Noelia a través do correo electrónico:
noelia.berg.lillo@gmail.com
![]() |
![]() |
|
![]() |