· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
A estudante de cuarto curso no Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio da USC, Claudia Nieto Antelo, está a desenvolver neste mes de febreiro as súas prácticas universitarias como integrante de Granxa Familiar, na Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar (ADAF).
Claudia, procedente de Cuns, concello de Outes, concentrará o seu traballo na creación dunha tenda online a través da páxina de Facebook de Granxa Familiar, coa que se pretende achegar os produtos dos nosos agricultores e gandeiros a un maior público e de forma máis efectiva.
Así pois, con esta iniciativa, seguimos coa intención de axudar ás familias labregas do rural galego, promovendo os valores do desenvolvemento rural, da desintermediación nas ventas, a trazabilidade por confianza co produtor, a mellora da alimentación e a protección do medio ambiente e da paisaxe.
Podedes contactar con Claudia mediante email, na dirección nietoantelo.claudia@gmail.com
Mel |