Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Nosas Granxas

Información de la Granxa

Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP Pío XII visita Casa do Castro.



O pasado día 15 de outubro do 2008 o colexio Pio XII de Santiago de Compostela participou no proxecto "Diverciencia. Granxas Dixitais”, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade, tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica en tres granxas de Galicia seleccionadas para o desenvolvemento das actividades. Os participantes organizáronse en tres grupos diferentes cada un deles de 25 nenos e acompañados dun mestre e técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar as granxas de Agro do Cruceiro, Casa do Castro, e Casa dos caseiros, todas elas localizadas en distintas áreas xeográficas de Galicia.


A saída tivo lugar dende o propio colexio ó redor das dez da mañá e as facianas dos nenos amosaban interese e curiosidade pos coñecer as granxas, pois para a maioría deles era o seu primeiro contacto. Unha vez dentro do bus, foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.


Unha das granxas visitadas por este colexio foi Casa do Castro, situada no municipio de Sober, en Lugo, e dedicada exclusivamente á produción de mel de alta calidade.



Vendo os paneis


O grupo de escolares destinado a visitar esta granxa, puido coñecer de primeira man cada un dos pasos no proceso de elaboración de mel: viron unha colmea con panais (pero en abellas, naturalmente), como se extraía o produto dos panais coa centrifugadora, envasaron cada un bote de mel e etiquetárono e foron ver (de lonxe) unhas colmeas.


Da mesma maneira, gozaron co seu sabor nunha degustación xeral do exquisito produto.



Degustación de mel


A chegada dos tres grupos de volta ó centro tivo lugar arredor das 17:30. Cada neno/a traía consigo unha mostra de produtos da granxa visitada e, pese ó esgotamento de seren granxeiros por un día, un amplo sorriso.


Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración dos granxeiros de Casa Castro, así como a participación do colexio Pio XII no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais
 
Os nosos produtos
Mel    
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas