Granxa Familiar logra importantes acordos de colaboración coas empresas de transporte para o envío dos produtos a prezos moi competitivos.
Con este acordo a universidade, a empresa privada e granxeiros de toda Galicia unen esforzos para impulsar o comercio electrónico no medio rural, poñer no mercado os produtos agrarios de carácter familiar e desbancar ós intermediarios, que son os que obteñen os maiores beneficios, tanto a conta dos produtores como dos clientes.
GranxaFamiliar.com, Tourline Express e Integra2 están en condicións de enviar a calquera punto de Galicia e da Península a produción tradicional de hortalizas, viños, mel, etc. que secularmente se destinaron ao autoconsumo familiar no medio rural galego, cuns custes de transporte altamente competitivos. GranxaFamiliar.com quere colocar na despensa dos cibernautas produtos galegos de calidade, tanto de agricultura ecolóxica como os da agricultura tradicional ou natural.
Nos seguintes enlaces ofrécense as tarifas para os distintos tipos de servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades