· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
No invernadoiro de Casa Las Torres atoparás unha variedade de tomates ó alcance de moi poucas persoas, xa que se tratan de especies menos coñecidas, pero de magnífica calidade e cultivados nas mellores condicións para o seu crecemento.
O tomate negro de Santiago é unha variedade autóctona galega, recuperada dende fai apenas uns anos e co cal experimentarás un sabor puro, un sabor dos de sempre.
O tomate Tres Cantos é o máis habitual, de cor vermella e intensa, pero cuxo sabor mellora nas condicións naturais coas que vive en Casa Las Torres.
No tocante ó tomate Raft, posúe uns surcos que lle dan un aspecto moi característico e ten unhas propiedades que lle confiren un sabor e textura moi particulares, facendo que sexa un dos máis buscados do mercado.
En canto á variedade "Avoa de Osedo", é outro tipo autóctono de tomate, de Galicia, máis grande que o resto, de cor vermella, moi carnoso e con moito zume. Non perdas a ocasión de probalo!
Tomate negro Santiago: 2´50€/kg
Tomate Tres Cantos: 2´20€/kg
Tomate Raft: 2´20€/kg
Tomate avoa de Osedo: 2´50€/kg
Como mercar os nosos produtos?
a. Marcando o número 616 081 407 (Soraya)
b. Enviando un correo electrónico casalastorres@granxafamiliar.com
c. Visitando a granxa previa cita.
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consultar as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades
Pementos | Tomate | |
Cebolas | Leitugas | |
Repolos |