Albariño
Viño de Autor
D.O. Rías Baixas
• Añada: 2011
• Variedade: viño xoven albariño 100% (vitis vinifera L)
• Viñedo propio cunha media de 30 anos
• Criado sobre lías en acero inox.
• Salida o mercado no verán.
Características
• Grado alcohólico: 12,5% vol.
• Acidez total: 5,5 g/l en ácido tartárico
• Acidez volátil: 0,6 g/l en ácido acético
• pH: 3,5
• Sulfuroso libre: 38 mg/l
• Sulfuroso total: 149 mg/l
Nota de Cata
O noso Albariño Granxa Familiar é un viño xoven monovarietal, elaborado únicamente con uva albariña. Embotéllase ó principio do verán seguinte á colleita, tralos fríos invernáis que reducen a acidez do tártaro, e os suaves calores primaveráis que completan a fermentación maloláctica que finalmente o domestican.
Vista: presenta un ton dourado marcado resultante da maceración en contacto coas uvas según a forma de facer tradicional.
Nariz: está dotado dunha notable intensidade aromática frutal na que predominan as frutas brancas e cítricos, acompañadas de notas floráis e herbáceas.
Boca: é afrutado, con lixeiros toques doces e estructura suave. A súa acidez viva e os restos de carbónico apórtanlle xuventude sin resultar agresivo. As sensacións sápidas mantéñense largo tempo en boca.
Temperatura de consumo: 8/10° C.
¿Como mercar os nosos produtos?
- Visitándonos no
noso domicilio: Rúa Monte Pío Nº 60, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).
- A través da rede:
www.granxafamiliar.com
- Por contacto telefónico:
618305006/981570698
- Ou por correo electrónico:
casamontepio@granxafamiliar.com
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volúmenes. Nos seguientes enlaces pódense consultar as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servicio sin frío
Servicio con frío
Servicio para grandes cantidades