Fungos e setas
En Casa dos Fungos cultivamos shii-take, un fungo moi carnoso cun gusto refinado e único. Presenta unha cabeza máis ben grosa e con fisuras brancas. Nós cultivamos o shii-take en troncos de Carballo morto, por ser a madeira idónea para este fungo. O seguimento dun sistema de cultivo totalmente natural fai deste shii-take un produto de excelente calidade. Recomendamos que probedes este estupendo fungo coñecido polas súas propiedades medicinais. Pódese mercar de abril a maio e de setembro a outubro.
Prezo shii-take fresco: 7€ o quilo
Prezo shii-take conxelado: 5€ o quilo
Outras variedades setas silvestres que podes atopar na nosa granxa son os boletus, níscalo e chantarela.
Tamén temos a disposición dos nosos clientes troncos micorizados:
Plantacións con castiñeiro micorizado para a produción de castaña, madeira e seta (boletus edulis)
Plantacións con piñeiro micorizado para a produción de madeira e seta (níscalo e boletus pinícola)
¿Como mercar os nosos produtos?
a. Marcando o número 629383741 (Santiago) ou 696645889 (José)
b. Enviando un correo electrónico a casadosfungos@granxafamiliar.com
c. Visitando a granxa
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades