· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
A nosa familia iniciouse na práctica da viticultura biolóxica tras comprobar o alarmante empobrecemento dos terreos polo uso continuado de herbicidas. Elaboramos viño ecolóxico utilizando uvas das variedades mencía, godello e treixadura, sen utilizar ningún tratamento sistémico. Para poder garantir aos noso clientes a calidade do viño Diego de Lemos, a produción é propia e limitada, con 7000 botellas aproximadamente. Nos mesmos plantamos, elaboramos e comercializamos o viño, pechando o círculo. Froito da nosa maneira de entender a agricultura, a recolección lévase a cabo de xeito artesanal nas impresionantes pendentes e bancais da Ribeira Sacra. Por iso, podemos dicir que o noso viño é resultado do empeño e tesón que poñemos no traballo.
Prezo: 6 € a botella
Tamén elaboramos unha especialidade en barricas de roble francés Prezo: 7 € a botella
Como mercar os nosos produtos?
a. Marcando o número de teléfono 690048338/ 982171666 (Esther)
b. Enviando un correo electrónico a adegadiegodelemos@granxafamiliar.com
c. Visitando a bodega
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Viño ecolóxico | Licores |