· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
Os tenreiros que nacen na nosa granxa críanse en réxime extensivo en total liberdade. Aliméntanse da herba dos verdes prados que pola abundante humidade practicamente se conservan todo o ano en óptimas condicións para a alimentación do gando, e cando é necesario de pensos totalmente ecolóxicos.
A súa carne caracterizase pola súa cor un pouco máis escura que a convencional e pola escaseza de graxa, motivo polo que un mes antes de sacrificalos se recollen na estabulación para que críen un pouco de graxa. Invitámosvos a probar esta carne de excelente calidade criada o aire libre.
Consultar prezo na granxa
¿Como mercar os nosos produtos?
a. Marcando o número de teléfono 610 284 484 (José Manuel)
b. Enviando un correo electrónico a casaaguiar@granxafamiliar.com
c. Visitando a granxa
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades
Tenreira |