Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada

Casa Alba

Datos de Contacto
Dirección: Valdin, 68. 32369
Localidade: A Veiga, Ourense
Teléfono: 988294688 / 689544280
Conta de Correo: casaalba@granxafamiliar.com
Facebook: https://www.facebook.com/GranxaFamiliar
Arquivos Asociados Imaxen
ImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxesImaxes
  Siguiente
Sons

Non hai

Videos
Casa Alba 1
Casa Alba 1
Ampliar Siguiente
Presentación

No lugar de Valdín concello de A Veiga na provincia de Ourense, emprázase a granxa da Casa Alba.

O Concello de A Veiga  limita coa provincia de Zamora e Valdín situase no parque natural de Pena Trevinca que é o pico máis alto de Galicia cuns 2.123 metros sobre o nivel do mar. Alba convida a todos a coñecer non so a cultura e a xente do lugar senón tamén a beleza paisaxística que do seu territorio.

Alba vive cos seus pais en Valdín e encárgase do coidado e alimentación dos animais da granxa, amais de axudar aos seus pais, Santiago e Amelia, co menexo de gando nos montes de man común dos arredores.

Sorpréndenos como se expresa esta xovén rapaza, mostrando unha paison polo seu traballo e pola súa forma de vivir a natureza. En Valdín non hai apenas xuventude e Alba dedícalle todo seu amor e tempo aos animais. Son moitas as variedades de animais que podemos atopar en Casa Alba, dende patos a codornicescabritoscoellosgalos.

Todos os animais da casa aliméntanse a base de productos naturais como o millo, as verzas, patacas, herba seca ou trigo, polo que o resultado é unha carne cun sabor e calidade exquisita. Amais os seus tenreiros de raza autóctona galega son criados en liberdade.

Os produtos que podemos atopar en Casa Alba son os seguintes:

Produtos de consumo

Ovos (consultar precio)

Mel Caseiro (consultar precio)

Galiñas do país: 3€ /ducia

Paspallá: 1,80 € /ducia

Coello (1,500 - 1,800 Kg): 10€ (vindeira dispoñibilidade: Maio-Xuño 2016)

Cabrito (6-7 Kg): 80€ (por encargo)

Polo (4-5 Kg): 25€ (por encargo na primaveira)

Tenreira: (canal enteira). 6€ /Kg. Gastos matadoiro e preparado a parte. Non envío. Recollida en man.


Animais para a vida (previo encargo)

Galiñas

Pekín cuclillo: 80€ /parella

Marans negra cobrizo: 20€ / unidade.

Kikas: 15€ /unidade

Galiñas do país: 18€ / unidade.

Coelliños de indias agouties: 10€ / unidade

Paspallás xigante isabelle: 4€ / unidade

Coello leonado de Borgoña: 25€ /unidade (coellos de dous meses e medio)

Ocas chinesas: 50€ / unidade.





Ven a vernos

Quedades convidados a visitar a nosa casa para coñecer in situ os nosos produtos. Serán moi ben recibidos tanto grupos de escolares coma familias, turistas, ect..Requrise previa confirmación. Ver Plano

Cómo mercar

a. Marcando o número 988294688 / 689544280 (Alba Rodríguez de Zugasti, Amelia de Zugasti)

b. Visitando a granxa

Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consultar as táboas de prezos e as condicións dos servizos.

Servizo sen frío

Servizo con frío

Servizo para grandes cantidades

 

 
Os nosos produtos
Os nosos animais   Ovos
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas