· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
Dirección: | Monte Pío, 60. 15705 |
Localidade: | Santiago de Compostela/Ribadumia |
Teléfono: | 981570698 / 618305006 |
Conta de Correo: | p.martinez@bodegascasamontepio.com |
Facebook: | https://www.facebook.com/GranxaFamiliar |
O meu nome é Pablo Martínez Gago e xunto coa miña familia formamos Casa Monte Pío, unha pequeña adega pertencente á D.O. Rías Baixas, situada no municipio de Ribadumia, comarca do Salnés. O meu caso pode exemplificar o presente de moitos xóvenes. Unha vez rematados os meus estudos, comezou o meu viacrucis no mercado laboral. Tras becas e traballos temporales, intercalados con estancias no estranxeiro, decidín arriesgar e emprender. Entre idas e voltas fun madurando unha idea largamente acariciada, armeime de valor, cruzei o meu particular Rubicón e iniciei esta aventura na que pretendo convertir no meu primeiro proxecto persoal a tradición familiar de elaborar viño. Hasta agora, a nosa adega mantívose en estado latente como unha das adegas máis pequeñas da D.O. Rías Baixas, cun saber facer tradicional transmitido de xeración en xeración. A razón que me empuxou a levarlo a cabo é porque, desde que teño uso de razón, esta actividade sempre estivo presente na miña vida e sempre participéi nela. Esto provocou que conciba o viño e todo o que o rodea como un mundo apasionante, cheo de emocións e sentimentos. Levamos a cabo unha producción integrada na que utilizamos ó máximo os recursos e os mecanismos de producción naturáis que aseguran a largo prazo unha agricultura sostible, introducindo nela métodos biolóxicos e químicos de control, e outras técnicas que compatibilicen as esixencias da sociedad, a protección do medio ambiente e a productividade agrícola. Consideramos que a viticultura é a esencia dun bo viño, por iso a realizamos de forma honrada e dende o cariño, mimando as nosas uvas. O noso proceso de elaboración combina os coñecementos máis avanzados, instalacións modernas e o respeto a os tempos de elaboración tradicional. Con todo isto conseguimos un viño de autor de cualidades organolépticas diferenciadas, fruto dunha concepción particular da familia que o elabora.
Ven a vernosTodos/as aqueles/as que o desexen poderán visitarnos e coñecer de cerca a produción familiar dun dos caldos máis recoñecidos de Galicia e propablemente un dos mellores brancos do mundo, así como de vir á nosa horta e ver como producimos as nosas hortalizas con total respecto ó medio ambiente. As portas de Casa Monte Pio están abertase todo o mundo será ben recibido, previa confirmación. Plano
Cómo mercar
Albariño | Ovos |