Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
29|06|2016

Xa estamos no verán e, que hai mellor para este calorciño que unha boa ensalada?

Na Comarca do Salnés, na cabeceira das Rías Baixas, atopámonos con Casa Carballal, que ten uns excelentes produtos da horta, cultivados de maneira tradicional, con abundante auga natural.

Para a base das túas ensaladas, Casa Carballal che ofrece unha ampla variedade de verduras, como a leituga riza verde ou vermella (a 50 céntimos de euro), espinacas ou acelgas (a 60 céntimos o manoxo de calquera das dúas).  Ademáis, para acompañala, dispoñen de produtos como o tomate, tomate cherry, pepinos, remolacha, cebolas,…

Non agardes outro intre e contacta con Mari ou con Carmen no teléfono 986561300 ou no 646218266 e infórmate sobre esta granxa e os seus produtos.

09|06|2015

Dende Vilanova de Arousa no corazón das Rías Baixas ofrecemos produtos de horta naturais cultivados nunha das zonas máis fértiles de toda a comunidade. Temos á disposición leitugas, cebolas, berenxenas, calabacín, pepino, xudías, tomate, pemento de Padrón, e tamén pementos morróns.  Tódolos produtos son frescos  de temporada polo que é necesario consultar dispoñibilidade e prezo con Carmen de Casa Carballal nos teléfonos 986 561300 ou 630 242998.

28|03|2012
Vendemos produtos de horta na zona de Vilanova de Arousa: leitugas, patacas, porros,etc. Consulta a dispoñibilidade de produtos segundo a época do ano. Tamén elaboramos artesanalmente licores e viño de Barrantes. Contacta con Casa Carballal (Vilanova de Arousa) nos teléfonos 986 561 300 ou 630 242 998 ou a través do email casacarballal@granxafamiliar.com
Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
13|02|2017

Granxa
Casa Pajaro

Anuncio

Aínda non lle mercaches o regalo de San Valentín á túa parella? Ou é que directamente esquecécheste do día dos namorados e xa pensas que vas durmir no sofá? Non te preocupes, Granxa Familiar dáche unha orixinal e práctica solución.

Para este 14 de febreiro, regala natureza, calidade e tradición, é dicir, regala mel de Casa Pájaro. Feito a partir das colmeas espalladas nos montes de Filgueira, en Lalín, este ambiente de total naturalidade devolve un mel moi suave ó padal, totalmente caseiro. Quen o proba, sempre repite.

Chama a Fernando ó 662 084 529 canto antes, para así ter o teu bote de mel de medio quilo ou o quilo enteiro o máis cedo posible. Non atoparás un agasallo máis doce! E se che queda preto, achégate a Casa Pájaro e de paso visita as Fragas de Catasós, un monumento natural que sería perfecto para un paseíño romántico.

E non te cortes, se mañá non tes a quen regalarlle o mel, máis que podes desfrutar ti, que co bo que está, non che vai sobrar...

Ver información da Granxa
ImaxesImaxes
  Siguiente

Non hai

Non hai

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
dershane fiyatları

Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas