| · A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
| · Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
| · Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
| · Tenda online |
| · Presentación | · Feira de Carballo |
| · Feira de Padrón | · Mercado de Santiago |
| · Museo do Leite | · Museo do Mel |
| · Museo do Queixo |

| Dirección: | Olveda |
| Localidade: | Antas de Ulla (Lugo) |
| Teléfono: | 699 444 114 |
| Conta de Correo: | casadieguez@granxafamiliar.com |
Son Hilda Gómez e vivo xunto cos meus pais e os meus irmáns en Antas de Ulla (Lugo), na parroquia de Olveda, moi preto do corazón de Galicia e temos unha granxa de vacas cuxo leite empregamos para elaborar os nosos queixos, da denominación de orixe Arzúa-Ulloa na súa meirande parte, aínda que tamén producimos tetilla, curado e curado picante.
Coidamos con mimo a alimentación dos nosos animais así como o proceso de elaboración do queixo para obter un produto da mellor calidade.
Estades convidados a visitala granxa e comprobar nas nosas instalacións como tratamos de conxugar tecnoloxía e tradición.
Serán ben recibidos grupos de escolares, turistas, familias, etc..., previa confirmación. Plano
a. Marcando o número de teléfono 699 444 114 (Hilda)
b. Enviando un correo electrónico a casadieguez@granxafamiliar.com
c. Visitando a granxa
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades