Arquivos AsociadosImaxen
Comeza a nosa aventura
Comeza a nosa aventura
Ampliar
 
Comeza a nosa aventura
Comeza a nosa aventura
Ampliar
 
Comeza a nosa aventura
Comeza a nosa aventura
Ampliar
 
Comeza a nosa aventura
Comeza a nosa aventura
Ampliar Siguiente
 
Sons Videos
Visita a Agro do Cruceiro [I]
Visita a Agro do Cruceiro [I]
Ampliar
 
Visita a Agro do Cruceiro [II]
Visita a Agro do Cruceiro [II]
Ampliar
 

Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP López Ferreiro visita Agro do Cruceiro.


O pasado día 9 de outubro de 2008 o colexio López Ferreiro de Santiago de Compostela participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade, tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica en dúas granxas de Galicia seleccionadas para o desenvolvemento das actividades. Os participantes organizáronse en dous grupos diferentes casa un deles de 25 nenos e acompañados dun mestre e técnicos do grupo de investigación GIS-T para visitar as granxas de Agro do Cruceiro e Casa Bustelo.


Na saída, que tivo lugar desde centro escolar ás dez da mañá, as facianas dos/as nenos/as amosaban grande interese e curiosidade por coñecelas granxas, cousa que para a maioría era unha completa novidade. Xa dentro do bus, foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.


Deste xeito, todos/as ben equipadiños/as con camisetas do proxecto, tiveron lugar as viaxes de ida cara as granxas, cada un dos dous grupos a unha das granxas: Granxa Casa Bustelo (Coristanco, A Coruña), Granxa Agro do Cruceiro (Coristanco, A Coruña). Os/As cativos/as eran incapaces de agochala súa impaciencia por chegar.


A granxas Casa Bustelo e Agro do Cruceiro sitúanse no termo municipal de Coristanco (A Coruña), en concreto na parroquia de Valenza, zona de ampla tradición agrícola.


A granxa Agro do Cruceiro dedícase ó cultivo de produtos de horta coma pataca, leituga, tomate, etc... Tralo recibimento e a presentación das instalacións por parte de Dolores e Andrés, os granxeiros, comezamos co traballo diario que se fai nunha granxa. As actividades levadas a cabo polos/as nenos/as estiveron orientadas cara a agricultura. Deste xeito, cultivaron leitugas e recolleron tomates e pementos.


Os rapaces estiveron moi atentos ás explicacións de Dolores e Andrés mentres observaban o funcionamento dun muiño e dunha debulladora eléctrica.


Ó remate desta actividade, acercámonos ó curral para dar de comer ás galiñas e ós porcos que estaban no cortello. Os cativos pelexaban por darlle de comer ós animais, e Dolores e Andrés, que en cada momento atendían as demandas dos nenos, trouxeron máis comida para que os rapaces puideran repetir a actividade as veces que quixeran.


O tempo ía pasando e as facianas dos nenos amosaban confianza e desexos de seguir traballando nas labores da granxa. Pero non todo ía ser traballar, tamén houbo tempo para o lecer cun xogo para coñecer os animais “amigos e inimigos” dos cultivos.


Escoitar: Bichiños amigos ou bichocos inimigos


Despois do xantar, os rapaces gozaron contemplando as vacas mentres pacía e debuxando aquilo que máis lles gustou da visita.



Os rapaces recolleron os produtos cos que foron agasallados


Ademais tiveron a oportunidade de visitar as instalacións dunha casa particular con placas solares, podendo coñecer deste xeito os detalles deste método alternativo de obter enerxía.


Escoitar: Unha morea de cuestións sobre as placas solares



Antes de marchar, os rapaces quixeron facer a "foto de familia" cos granxeiros


A chegada dos/das nenos/as de volta ó centro tivo lugar arredor das 17:30. Cada neno/a traía consigo unha mostra de produtos da granxa visitada, lucindo, pese ó esgotamento de seren granxeiros por un día, un amplo sorriso.




Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración de Andrés e Dolores, os granxeiros de Agro do Cruceiro, así como a participación do colexio López Ferreiro no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons