Arquivos AsociadosImaxen

Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Orientacións para os traballadores agropecuario

A cadea de abastecemento alimentario é unha das actividades que debe seguir realizándose durante o actual estado de alarma decretado polo Goberno de España ante a actual crise provocada pola pandemia do coronavirus (COVID19).


A produción agrícola e gandeira polo tanto continua para garantir o abastecemento de produtos de primeira necesidade aos consumidores. O sector traballa seguindo as recomendacións e medidas de contención, indicadas polo Ministerio de traballo e economía social, para a protección da saúde dos traballadores agropecuarios fronte á exposición ao COVID19.


As orientacións preventivas durante o estado de alarma dictadas polo Ministerio básanse en medidas previas ao inicio da actividade mediante control de acceso e desprazamento aos lugares de traballo ou control exhaustivo na organización do traballo e limpeza axeitada.


Có correcto seguimento das medidas decretadas polo Goberno, tanto os traballadores esenciais de todos os ámbitos como os cidadáns confinados nas súas casas, lograrán a superación desta crise que afecta a todo el mundo #QuédateNaCasa

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons