Granxa Familiar e Slow Food Compostela
Granxa Familiar e Slow Food Compostela reúnense para crear un proxecto que achegue os produtos da agricultura familiar galega, naturais e moi lonxe da produción industrial, aos restaurantes que seguen o movemento internacional de Slow Food.
Slow Food naceu hai 25 anos en Italia e converteuse nunha rede global que traballa para garantir alimentos bos, limpos e xustos para todos.
Granxa Familiar traballa directamente coas familias produtoras na promoción dos produtos galegos de calidade e, grazas ó acordo de colaboración con Slow Food Compostela, chegarán ós restaurantes galegos que seguen a filosofía do Slow Food.
Proxecto Cofinanciado: | ||||