Cris Torres, nova integrante de Granxa Familiar
Unha estudante de Comunicación Audiovisual da USC, Cris Torres, vai cursar de xullo a setembro prácticas en Granxa Familiar, a asociación para o Desenvolvemento de Agricultura Familiar.
Ademais de seguir en contacto coas diferentes granxas asociadas para poñer os seus produtos nas redes venda e ampliar o seu mercado, centrará o seu traballo en desenvolver novas estratexias que axuden ás granxas familiares.
Podes contactar con Cris, por email: granxafamiliar@gmail.com
Proxecto Cofinanciado: | ||||