Casa Las Torres xa ten certificado ecolóxico!
A última casa que se inseriu no proxecto de Granxa Familiar, no verán pasado, Casa Las Torres, recibiu o certificado oficial de produción ecolóxica que expede o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
Desta forma, a súa xerente Soraya, ve recompensado o esforzo diario que leva a cabo nas súas terras, nas que planta unha enorme variedade de produtos respectando o medio ambiente e coidando a saúde de todo aquel que lle merque.
Dende o 17 de febreiro de 2017, oficial e legalmente, vinte produtos diferentes dos que cultiva son ecolóxicos, mérito que polo momento manterá ata o 31 de decembro de 2018.
Tan só nos queda darlle a noraboa a Soraya e agora vós tendes que aproveitar a oportunidade de probar e desfrutar dos seus cultivos. Visitade a súa páxina de Facebook, a sección que ten en Granxa Familiar ou chamádea directamente ó 616 081 407 para preguntarlle calquera dúbida.
A lista completa cos alimentos certificados ecolóxicos tédela nas imaxes asociadas.
Proxecto Cofinanciado: | ||||