O xeógrafo David Maquieira Salgado comeza o seu traballo en Granxafamiliar
Graduado en Xeografía e Ordenación do Territorio e finalizando o Master en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial, ambos na USC, David gañou unha bolsa do Banco Santander CRUE-CEPYME para incorporarse á Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar (ADAF) en Granxafamiliar, traballando a media xornada nun período de seis meses, dende o pasado día 1 de xuño ata o 30 de novembro de 2016.
Centrarase na xestión do backoffice da empresa, mantemento e actualización da web como comunnity manager e creación de estratexias de xeomarketing online mediante o contacto coas diferentes granxas asociadas para coñecer os seus produtos e poñelos nas redes sociais para atopar posibles clientes.
Ademais, en relación coa súa Tese Final de Master e interesándose pola planificación territorial do seu concello, Pontevedra, creará un sistema de xeorreferenciación de instalacións deportivas, accesible e aberto para a súa consulta por internet e con amplas bases de datos actualizadas. Desta forma une a súa vertente como xeógrafo coa que desenvolve como xornalista deportivo en Galifútbol.
Podes contactar con David por Twitter, Facebook, Instagram, YouTube e LinkedIn. Tamén por email, cuxa dirección é:
david.maquieira.93@gmail.com
Proxecto Cofinanciado: | ||||