Non hai
Raúl Fernández, estudante de posgrado da USC fai prácticas en Granxafamiliar
A través do convenio asinado entre ADAF-Granxafamiliar e a USC para a realización de prácticas profesionais de estudantes de posgrado do Master en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial, temos entre nós a Raúl Fernández, xeógrafo natural do concello pontevedrés de Cambados e interesado en temas de turismo e planificación e marketing estratéxico.
Raúl traballa na elaboración dun produto territorial propio en base ao sector do marisco na Ría de Arousa, ademáis de realizar tarefas de xestión de información web de www.granxafamiliar, ou estratexias de marketing online a partir das redes sociais.
Se queres contactar con Raúl e saber máis da súa experiencia escríbelle a este correo:
raulcastrelo@hotmail.com / raulff5191@gmail.com
Para coñecer o Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial podes consultar este enlace:
Proxecto Cofinanciado: | ||||