O proxecto Granxa Familiar premiado polo seu carácter emprendedor
O xurado do concurso de accións sostibles de emprendemento social convocado pola cátedra Jaime Vera da USC, decidiu conceder un accésit ao proxecto Granxafamiliar.com que dirixe o profesor Carlos Ferrás e que pretende impulsar o desenvolvemento social, económico e cultural no medio rural galego a través dun traballo directo coas familias produtoras na promoción dos produtos galegos de calidade que ofertan e que os clientes poden ver nas granxas. En Lugo, unha ducia delas xa se sumaron ao proxecto.Proxecto Cofinanciado: | ||||