Arquivos AsociadosImaxen
Agricultura Familiar
Agricultura Familiar
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Granxafamiliar.com te convida ao curso online Agricultura Familiar e Tics

Coincidindo coa celebración do Ano Internacional da Agricultura Familiar no 2014 impulsado por Nacións Unidas e a FAO http://www.fao.org/family-farming-2014/es/ dende Granxafamiliar e Gist. USC queremos conmemorar o dito evento organizado un curso sobre Agricultura Familiar e TICs dirixido ás miles de familias de economía agraria que temos en Galicia. Buscamos cualificar recursos humanos das nosas granxas no uso das tecnoloxías da información e da comunicación co fin de potenciar o seu desenvolvemento económico, social e cultural.


Necesidades de formación


A experiencia de marketing online para o desenvolvemento rural levada a cabo durante os últimos seis anos por www.granxafamiliar.com  pon en evidencia a necesidade de cualificar recursos humanos en temas de marketing territorial, innovación, emprendimento,xestión de recursos dixitais, xestión de redes sociais, agricultura ecolóxica, turismo creativo, desintermediación comercial, etc. orientados específicamente cara o medio rural.


As familias e residentes do rural non poden quedar á marxe da sociedade da información e requírese un esforzo na sua cualificación e alfabetización dixital. Todo apunta a que hoxe en dia xa non chega con saber producir senón que hai que saber “vender” os productos do noso rural. Para isto queremos formar aos membros das familias de pequenos agriculores de Galicia en competencias de comunicación a través de Internet.


Por moito que consideremos bos profesionais a todos os que actúan no agro, resulta evidente que, en moitos casos, están carentes dun nivel de formación e coñecemento axeitados ás necesidades dun mundo dixital, e son eles mesmos os que solicitan esta formación, á vista da competitividade e resultados que se están a acadar no sector na actualidade.


En www.granxafamiliar.com participan 23 familias de agricultores de diversos concellos de Galicia. No presente curso as propias familias van mostrar e comentar as súas experiencias coas TICs e as redes sociais, así como as relacións comerciais establecidas a distancia e presencialmente cos seus clientes; moitos deles galegos e moitos outros de fora de Galicia; as vantaxes e problemas e os beneficios obtidos.


Organiza:


Granxafamiliar-ADAF


Colabora:


Gist. Idega. Universidade de Santiago


Máster en Sociedade da Información da Universidade de Santiago


Suvbencionado:


Deputación da Coruña


Información:


granxafamiliar@granxafamiliar.com


Telf.: +34  647344270


Director:


Carlos Ferrás Sexto (Presidente de Granxafamiliar-ADAF e Director do Grupo de Investigación Gist-T Idega da USC).


Coordinación:


Mariña Pose García (Profesora do Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC e investigadora postdoutoral do Grupo de Investigación Gist-T Idega da USC).


Yolanda García Vázquez (Profesora do Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC e investigadora postdoutoral do Grupo de Investigación Gist-T Idega da USC).


Obxectivos


Capacitar no uso de aplicacións TIC en granxas familiares e coñecer experiencias de emprendimento para a innovación e desenvolvemento do medio rural e da agricultura familiar co obxecto de que os alumnos poidan desenvolver os seus propios proxectos  de comunicación online a través de web ou blog.


Familiarizarse co funcionamento e posibilidades dos sistemas online de xestión de información a través das redes sociais como Facebook, Youtube ou Twitter. Cada alumno deberá capacitarse para crear e xestionar os contidos dun blog da súa propia granxa familiar e enlazalo coas redes sociais.


ACTIVIDADES DE FORMACIÓN


O traballo de formación resulta indispensable para a consecución dos obxetivos, e neste caso debe haber unha formación baseada na transmisión de coñecemento  innovador respecto a temas claves para o desenvolvemento rural, amais  dunha formación dirixida cara a cualificación no uso das novas tecnoloxías e nas habilidades informacionais.


Realizarase un curso completo de 60 horas de duración centrado na utilización das TIC para o desenvolvemento da Agricultura Familiar.


O profesorado será seleccionado a partir de criterios de excelencia empresarial, liderazgo no emprendimento e cualificación docente e experiencia demostrada na formación offline e online.


A planificación temporal do curso queda como segue:


Duración: 60 horas.


Horario de traballo: 15 horas/semana de traballo por alumno.


Datas de celebración:


Data de Inicio: luns 19 de maio de 2014.


Data de fin: luns 16 de xuño 2014


Lugar de celebración:


A sede do curso será no Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia, Idega, donde ten as súas oficinas ADAF-Granxafamiliar.


Os alumnos deberán asistir presencialmente en horario de 16:00 a 21:00 horas ás seguintes aulas de Traballo (10 horas):


Aula de Traballo Práctico. Elaboración de blogs e uso redes sociais tipo Facebook e Youtube. O venres 23 de maio de 2014.


Aula de Traballo Práctico. As experiencias das Familias Productoras de Granxafamiliar.com. O venres 20 de xuño de 2014.


Amais, os alumnos traballarán os contidos do curso dixitalizados e a distancia (40 horas). Para esto disponse dunha plataforma avanzada para impartición de cursos On Line, á que da soporte a USC a través do Grupo de Investigación GIST.IDEGA.


Metodoloxía de aprendizaxe:


Os alumnos deberán realizar as tarefas descritas apoiándose en:


1. Os videotutoriais dispoñibles na plataforma dixital do curso:


2. A bibliografía e os recursos Web recomendados.


3. A interacción con outros alumnos na aula presencial e virtual.


4. As consultas On-Line cos profesores (por mail, videoconferencia, etc).


Os idiomas vehiculares do curso serán o galego e o castelán.


Tempo de estudio e traballo persoal que debe dedicar un alumno:


O alumno deberá dedicar un total de 60 horas de traballo para superar o curso que ten unha duración de 4 semanas.


Durante as 4 semanas de traballo, os alumnos poderán transmitir ao profesor as súas dúbidas por mail ou videoconferencia por skype cuando así o estimen.


Prezo e prazos de inscripción:


A inscripción a través do formulario: ENTRAR NO FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN


O prazo de inscripción finaliza o 14 de maio de 2014.


O prezo do curso é de 60€, que deberán ser abonados antes do 14 de maio de 2014 facendo constar o título do curso na conta:


2080 0388 26 3040001013 de NovaGalicia Banco.


Se habilitan un máximo de 30 prazas.


Granxafamiliar-ADAF concederá 10 bolsas que cubrirán o importe íntegro da matrícula aos seus asociados e o Gist. Idega concederá 10 bolsas de importe de matrícula a veciños/as dos Concellos de Cervantes e As Nogais (Ancares-Lugo); con preferencia aos desempregados de longa duración e minusválidos.

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons