Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP Amadeo Barroso visita Casa do Xurés.
O pasado día 22 de outubro do 2008 o colexio Amadeo Barroso de Ourense participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”“, para o que previamente fora seleccionado.
Os nenos e nenas de oito anos de idade tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica en tres granxas de Galicia seleccionadas para o desenvolvemento das actividades. O grupo de escolares foi acompañado por dous técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Casa do Xurés, localizada en Lobios, Ourense.
A saída tivo lugar dende o propio colexio arredor das dez da mañá e as facianas dos nenos amosaban interese e curiosidade por coñecer a granxa, pois para a maioría deles era o seu primeiro contacto. Unha vez dentro do bus foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.
A granxa Casa do Xurés localízase na parroquia de Riocaldo, en Lobios, zona de grande interese natural e paisaxístico. Trátase dunha granxa dedicada á produción de queixo de cabra.
Tralo recibimento e a presentación das instalacións, o granxeiro Xosé Antonio guiou ó grupo nunha visita ó Ecomuseo, no que se expoñen múltiples fotografías sobre a elaboración do queixo.
Posteriormente os nenos e nenas coñeceron de primeira man todo este proceso de elaboración: dende que se muxen os animais ata que chega ó consumidor, pasando polo tratamento do callado, a distribución en moldes, etc...
Remexendo o futuro queixo
Finalmente o grupo acompañou ás cabras ó monte onde lles deron de comer ademais de participaren nun xogo que tiña como fin a busca de cogomelos.
Os rapaces disfrutaron moito cos animais
Deste xeito, nun entorno paisaxístico privilexiado, tivo lugar a aventura. Xa no bus de volta ó colexio, os meniños intercambiaron opinións sobre a experiencia vivida entre risas e cantigas.
Antes de marchar, os rapaces quixeron facer a foto de familia co granxeiro
Queremos agradecer dende o grupo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela a colaboración de José Antonio, o granxeiro de Casa do Xurés, así como a participación do colexio Amadeo Barroso no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais.
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal.
Máis información no Telef. 647 344 270