Arquivos AsociadosImaxen
Semilleiros
Semilleiros
Ampliar
 
Imos ós invernadoiros
Imos ós invernadoiros
Ampliar
 
Regando
Regando
Ampliar
 
Regando
Regando
Anterior Ampliar Siguiente
 
Sons Videos
Visita á granxa Casa dos Caseiros [I]
Visita á granxa Casa dos Caseiros [I]
Ampliar
 
Visita á granxa Casa dos Caseiros [II]
Visita á granxa Casa dos Caseiros [II]
Ampliar
 

Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP Pío XII visita Casa dos Caseiros.


O pasado día 15 de 2008 o colexio Pio XII de Santiago de Compostela participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade, tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica en tres granxas de Galicia seleccionadas para o desenvolvemento das actividades. Os participantes organizáronse en tres grupos diferentes cada un deles de 25 nenos e acompañados dun mestre e técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar as granxas de Agro do Cruceiro, Casa do Castro, e Casa dos Caseiros, todas elas localizadas en distintas áreas xeográficas de Galicia.


Xa na saída, que tivo lugar desde o centro escolar ás dez da mañá, as facianas dos/as nenos/as amosaban grande interese e curiosidade por coñecelas granxas, cousa que para a maioría era unha completa novidade. Momentos antes de meterse no bus, aínda no patio, foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.


Casa dos Caseiros sitúase en Xornes de Arriba, no concello de Ponteceso. Esta é unha zona de inmensa riqueza paisaxística e beleza natural.



Tralo recibimento e a presentación das instalacións por parte de Lucía, a granxeira de Casa dos Caseiros, comezamos co traballo diario que se fai nunha granxa.



Lucía ensínalle aos nenos como facer un semilleiro


A granxa dedícase ó cultivo de produtos de horta coma pataca, leituga, tomate, etc..., polo que as actividades levadas a cabo polos/as nenos/as estiveron orientadas cara a agricultura. Deste xeito, cultivaron leitugas en semilleiros e regáronas, recolleron tomates.


Ó remate desta actividade, acercámonos ó curral para dar de comer ás galiñas e os coellos, e recoller os ovos que deixaran as galiñas en medio da palla. Os cativos pelexaban por darlle de comer ós animais, e Lucía, que en cada momento atendía as demandas dos nenos, trouxo máis comida para que os rapaces puideran repetir a actividade as veces que quixeran.



Os rapaces, tiveron a oportunidade de coñeceron as instalacións dunha casa antiga e do seu pombal, así como comprobar in situ como se fai o abono natural...


O tempo ía pasando e as facianas dos nenos amosaban confianza e desexos de seguir traballando nas labores da granxa. Pero non todo ía ser traballar, tamén houbo tempo para o lecer cun xogo que consistía en recoller patacas esparcidas polo campo máis rápido que o adversario.




Os rapaces foron agasallados cunha mostra de produtos da granxa



A chegada dos tres grupos de volta ó centro tivo lugar arredor das 17:30. Cada neno/a traía consigo unha mostra de produtos da granxa visitada e, pese ó esgotamento de seren granxeiros por un día, un amplo sorriso.


Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración de Lucía, a granxeira de Casa dos Caseiros, así como a participación do colexio Pio XII no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais
 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270