Arquivos AsociadosImaxen
Recollendo cabacíns
Recollendo cabacíns
Ampliar
 
Visita a unha pequena granxa de vacas
Visita a unha pequena granxa de vacas
Ampliar
 
Visita a unha pequena granxa de vacas
Visita a unha pequena granxa de vacas
Ampliar
 
Visita a unha pequena granxa de vacas
Visita a unha pequena granxa de vacas
Anterior Ampliar Siguiente
 
Sons Videos
Visita a Casa Bustelo
Visita a Casa Bustelo
Ampliar
 

Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP López Ferreiro visita Casa Bustelo


O pasado día 9 de outubro de 2008 o colexio López Ferreiro de Santiago de Compostela participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade e divididos en dous grupos de arredor de 25 cada un, tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica en dúas granxas: Granxa Casa Bustelo (Coristanco, A Coruña), Granxa Agro do Cruceiro (Coristanco, A Coruña), acompañados por técnicos do grupo de investigación Gis-T. IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela e mestres do propio colexio.


Na saída, que tivo lugar desde o centro escolar ás dez da mañá, as facianas dos/as nenos/as amosaban grande interese e curiosidade por coñecelas granxas, cousa que para a maioría era unha completa novidade. Xa dentro do bus, foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.



Comeza a nosa aventura


Deste xeito, todos/as ben equipadiños/as con camisetas do proxecto, tiveron lugar as viaxes de ida cara as granxas, cada un dos dous grupos a unha das granxas: Granxa Casa Bustelo (Coristanco, A Coruña), Granxa Agro do Cruceiro (Coristanco, A Coruña). Os/As cativos/as eran incapaces de agochala súa impaciencia por chegar.


A granxas Casa Bustelo e Agro do Cruceiro sitúanse no termo municipal de Coristanco (A Coruña), en concreto na parroquia de Valenza, zona de ampla tradición agrícola.



Entrada da Granxa Casa Bustelo


Os/As nenos/as que visitaron Casa Bustelo, especializada no cultivo de patacas, perixel, repolo... e na cría de porcos, años, capóns e mesmo pavos, levaron a cabo actividades moi diversas. Tralo recibimento e a presentación das instalacións por parte de Maricarmen, a granxeira de Casa Bustelo , comezamos co traballo diario que se fai nunha granxa. A primeira actividade foi recoller cabacíns e plantar perexil no invernadoiro.


Ó remate desta actividade, e tras debullar o millo, acercámonos ó curral para dar de comer ás galiñas e ós pavos, e recoller os ovos que deixaran as galiñas en medio da palla. O tempo ía pasando e as facianas dos nenos amosaban confianza e desexos de seguir traballando nas labores da granxa. Outras das actividades foi visitar unha explotación gandeira de vacas.


Cara o medio día, dirixímonos ó fermoso parque de Verdes, onde puidemos gozar dun estupendo xantar ó ar libre.




Refuxio de Verdes


Escoitar: No refuxio de Verdes


A chegada dos/das nenos/as de volta ó centro tivo lugar arredor das 17:30. Cada neno/a traía consigo unha mostra de produtos da granxa visitada, lucindo, pese ó esgotamento de seren granxeiros por un día, un amplo sorriso.


Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración de Maricarmen e José Antonio, os granxeiro de Casa Bustelo, así como a participación do colexio López Ferreiro no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais
 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270