Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O CEIP San Pedro de Visma visita Pazo de Sabadelle.
O pasado día 17 de novembro do 2010 o colexio San Pedro de Visma de Coruña participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais“, para o que previamente fora seleccionado. Os nenos e nenas de oito anos de idade foron acompañados por dous técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Pazo de Sabadelle. A granxa Pazo de Sabadelle localízase na parroquia de Sabadelle, en Chantada. Trátase dunha granxa dedicada á produción ecolóxica de carne. Tralo recibimento e a presentación, o granxeiro Xosé guiou ós nenos e ás nenas divididos/as en pequenos grupos a onde se atopaban os animais. Animais Despois os/as pequenos/as aprenderon a prantar un castiñeiro, coñeceron distintos tipos de prantas como o azafrán e descubriron un ambientador natural como é o membrillo. Pazo Unha vez remataron con esta tarefa coñeceron, da man de Xosé, o proceso de elaboración do queixo. Prantando castañas