Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O IES Rosalía de Castro visita Pazo de Sabadelle e Centro de Interpretación da Ribeira Sacra.
O pasado día 18 de novembro do 2010 o IES Rosalía de Castro de Santiago participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais“, para o que previamente fora seleccionado.
Os rapaces foron acompañados por membros do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Pazo de Sabadelle e o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra.
A granxa Pazo de Sabadelle localízase na parroquia de Sabadelle, en Chantada. Trátase dunha granxa dedicada á produción ecolóxica de carne.
Tamén acudiron ao Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, onde lles explicaron distintos aspectos da zona como a importancia da pesca ou do viño.
Encoro Belesar
Os mozos estiveron no encoro de Belesar e visitaron a zona da ribeira do Río.
Vista desde o interior
Terreo do Centro de Interpretación
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal.
Máis información no Telef. 647 344 270