Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O CEIP Pío XII visita Casa dos Caseiros
O pasado día 18 de novembro do 2010 o colexio Pío XII de Santiago participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”“, para o que previamente fora seleccionado.
Os nenos e nenas de oito anos de idade foron acompañados por dous técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Casa dos Caseiros.
A granxa Casa dos Caseiros localízase na parroquia de Xornes de Arriba, en Ponteceso. Trátase dunha granxa dedicada á produción de produtos de horta.
Tralo recibimento e a presentación, a granxeira Lucía guiou ós nenos e ás nenas divididos/as en pequenos grupos, ata o cabazo, onde recolleron millo.
Nenos co millo
Despois os/as pequenos/as aprenderon a debullar e viron como se moía o gran nun muíño, para logo alimentar, tamén en pequenos grupos, ós polos e ás galiñas.
Unha vez remataron con esta tarefa coñeceron, da man de Lola, un curioso habitante da granxa que adoita vivir sobre as follas da ruda.
Invernadoiro
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal.
Máis información no Telef. 647 344 270