Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O CEIP López Ferreiro visita Pazo de Sabadelle.
O pasado día 16 de novembro do 2010 o colexio López Ferreiro de Santiago participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais“, para o que previamente fora seleccionado.
Os nenos e nenas de oito anos de idade foron acompañados por dous técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Pazo de Sabadelle.
A granxa Pazo de Sabadelle localízase na parroquia de Sabadelle, en Chantada. Trátase dunha granxa dedicada á produción ecolóxica de carne.
Tralo recibimento e a presentación, o granxeiro Xosé guiou ós nenos e ás nenas divididos/as en pequenos grupos a onde se atopaban os animais.
Despois os/as pequenos/as aprenderon a prantar un castiñeiro, coñeceron distintos tipos de prantas como o azafrán e descubriron un ambientador natural como é o membrillo.
Azafrán
Unha vez remataron con esta tarefa coñeceron, da man de Xosé, o proceso de elaboración do queixo.
Facendo queixo
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal.
Máis información no Telef. 647 344 270