Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O CEIP San Pedro de Visma visita a Casa dos Fungos
O pasado día 17 de novembro do 2010 o colexio San Pedro de Visma de A Coruña participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”“, para o que previamente fora seleccionado.
Os nenos e nenas de oito anos de idade foron acompañados por dous técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Casa dos Fungos.
A granxa Casa dos Fungos localízase na parroquia de Xubial, en Melide. Trátase dunha granxa dedicada á produción de cogomelos e froitos do bosque.
Tralo recibimento e a presentación das instalacións, comezaron as actividades.
Santiago, dono da Casa dos Fungos, amosoulles ós nenos diferentes variedades de cogomelos producidos na granxa, así coma outro tipo de produtos coma nabiza, repolo, etc...
Verdura
Posteriormente, o grupo empezou cunha das actividades máis interesantes: prantar setas Shi-Takee mediante o método da inoculación.
Inoculando
Aproveitando os raios de sol dunha tarde espléndida, Santiago levounos ó exterior da nave, onde puideron recoller cogomelos ademais de coñecer o seu invernadoiro con rego automático.
Á saída do invernadoiro, os/as cativos/as gozaron probando as deliciosas frambuesas de Santiago, e despois foron comer.
Frambuesas
Trala comida, os nenos/as deron renda solta ó seu talento musical.
Escoitar:Rap
Despois pintaron á mascota de Casa dos Fungos, Fungoriño, e crearon un barquiño cunha cáscara de noz que posteriormente foron levar ó río.
Finalmente, o grupo entretívose pintándolle cara a unha cabaza que levarían, xunto con algúns produtos máis, á súa casa.
San Pedro de Visma
Queremos agradecer dende o grupo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela a colaboración de Santiago, o granxeiro de Casa dos Fungos, así como a participación do colexio San Pedro de Visma no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais.
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal.
Máis información no Telef. 647 344 270