Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O CEIP Amadeo Barroso visita Casa do Xurés.
O pasado día 15 de novembro do 2010 o colexio Amadeo Barroso de Ourense participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”“, para o que previamente fora seleccionado.
Os nenos e nenas de oito anos de idade foron acompañados por dous técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Casa do Xurés.
A granxa Casa do Xurés localízase na parroquia de Riocaldo, en Lobios, zona de grande interese natural e paisaxístico. Trátase dunha granxa dedicada á produción de queixo de cabra.
Escoitar: O queixo do Xurés
Tralo recibimento e a presentación das instalacións, o granxeiro Xosé Antonio guiou ó grupo nunha visita ó Ecomuseo, no que se expoñen múltiples fotografías sobre a elaboración do queixo.
Posteriormente os nenos e nenas visitaron o cortello onde conviven cabras, galiñas e mesmo un can e un gato!
Escoitar: ¿Cantas cabras había?
Despois, tras pasarse un bo anaco na procura de cogomelos xusto a carón da granxa, os/as cativos/as dirixíronse ó parque de Espendelo onde, ademais de tomala merenda, correron e brincaron baixo a atenta mirada de mestras e técnicos para rematar así unha xornada iesquecible.
Parque de Espendelo
Deste xeito, nun entorno paisaxístico privilexiado, tivo lugar a aventura. Xa no bus de volta ó colexio, os meniños intercambiaron opinións sobre a experiencia vivida entre risas e cantigas.
Foto de familia
Queremos agradecer dende o grupo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela a colaboración de José Antonio, o granxeiro de Casa do Xurés, así como a participación do colexio Amadeo Barroso no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais.
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal.
Máis información no Telef. 647 344 270