Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
ForosForos

 
 -Foros - Responder - Estatisticas - Rexistrarse - Buscar -
Podes expresar todas as túas opinions pero sempre con respecto e educación.

Granxa Familiar / Vantaxes de mercar e vender por Internet / Vantaxes de mercar e vender por Internet
Autor Mensaxe
admin
Admin
# Publicado: 1 Out 2008 09:51
Responder 


Unha das vantaxes de vender ou mercar por Internet é poder eliminar ós intermediarios e vender directamente ó público. Isto diminúe costos tanto para o que vende como para o que merca e permite que pequenos productores que xeralmente non podían teñan acceso ós clientes finais dos seus productos. ¿Crees que a venda de productos de granxas por Internet pode ser atractivo para os consumidores? Opina e participa

Xoan
# Publicado: 3 Out 2008 11:55
Responder 


Eu penso que si pero precisase hábito e estar concenciado con isto. Eu comprei productos de granxafamiliar e enviáronmos á casa por transporte urxente. A relación calidade-prezo é boa, incluso incluindo os custes de transporte. Os consumidores temos que organizarnos frente aos especuladores e intermediarios... adiante co voso proxecto que moi moi interesante!!!

pepedevigo
# Publicado: 17 Feb 2009 11:25
Responder 


É unha idea maravillosa, pero vexo que ten un inconvinte o custe do transporte. O ideal sería que ouvera un repartidor para un conxunto de pedidos dunha mesma zona; pero supoño que será un pouco difícil facelo por agora.

anabel
# Publicado: 23 Feb 2009 11:13
Responder 


Eu recibín 20 kg de patacas de coristanco na miña casa en Santiago a precios estupendos. A 0,70 o kilo e somentes 5,40 o transporte. O producto é estupendo e sae máis barato que compralo no super; onde a pataca de coristanco de calidade (e que sexa en verdade de Coristanco!!) está por riba do euro/kg! Eu estou moi satisfeito con isto...

Anónimo
# Publicado: 24 Mai 2009 16:04
Responder 


Cómo é posible coñecer de anteman os prezos dos alimentos para poder elixir a granxa que mais conveña?

anabel
# Publicado: 29 Mai 2009 13:10
Responder 


Pois buscando por producto aparecen todas as granxas que o ofrecen e logo miras a que máis che guste ou interese. Púxenme en cotacto con varias granxas e teño trato directo con eles

Anónimo
# Publicado: 2 Xun 2009 13:41
Responder 


O principal problema que lle miro a esta iniciativa é que no hay un listado central de productos co seu correspondente precio e cantidades dispoñibles, co cal faise bastante máis dificil decidirse a probar o sistema posto que non hay unha forma fácil de comparar os distintos prezos sen ter que estar contactando coas diferentes granxas.

Eu creo que este proxecto tería moito máis éxito se o proceso de compra fose máis transparente, claro e doado para o usuario.

Saúdos

anabel
# Publicado: 2 Xun 2009 19:28
Responder 


Pero ten en conta que os productos de cada granxa son diferentes. Claro isto non é un supermercado senón un sistema de venta directa que conecta ao productor co comprador obviando a intermediación. Impúlsase a trazabilidade por confianza e novas formas de comprar e vender. No proceso de compra e venda hai moito de comunicación e cultura implicada. Os tomates de casa do agro do cruceiro son únicos e dificilmente comparables con outros tomates doutro granxeiro de granxafamiliar. Teñen sabores distintos, son clases diferentes, e plantados por familias diferentes; isto acontece coa carne, co queixo, o mel, o viño, etc. Son productos de altísima calidade moi diferenciados e con forte pegada cultural. Hainos que probar todos para poder escoller a relación calidade-prezo en función dos gustos de cada consumidor (que tamén soe ser moi diferente). A alimentación estandarizada, de fábrica, que podes atopar no supermercado non se encontra en granxafamiliar. É moi diferente! Anímote a contactar directamente cos productores e a indagar no universo do sabores, tradicións, culturas tan diversas e valiosas que temos nas nosas aldeas e parroquias!

dixome
# Publicado: 19 Ago 2009 17:54
Responder 


Vexetais naturais, coidados polas familias, para todos,... Pensade nos que mercades no super! del Ejido onde se depuran e aproveitan as augas residuais para a rega, e onde producen tomates sen terra!!!, en bolsiñas con adubos químicos... e saen cadrados, grandes, pequenos, bolas, e seguro que ata axiña terémolos de fantasía!!!! ... A ver si apoiamos á horta galega e a convertimos nun orgullo....

vcv1
# Publicado: 28 Xan 2010 14:19
Responder 


Todo son ventaxas, o importante é darse a coñecer. A información é boa para todos

A tua resposta
Negriña  Cursiva  Subraiada  Vínculo a unha imaxen  Vínculo a unha páxina web 

» Usuario  » Contrasinal 
Podes insertar un nome de usuario sin contraseña, sempre e cando non este rexistrado por outro usuario.
 

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889)
Coa colaboración de:
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas